Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

Campos de voluntariado noutras Comunidades Autónomas

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude abre o prazo para solicitar a participación nos campos de voluntariado que se van desenvolver en Andalucía, A Rioxa, Aragón, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Ceuta, Comunidade Valenciana, Estremadura, Euskadi, Madrid e Navarra.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 07/05/2025 ata o 13/05/2025

ás 14:00 h. 2ª convocatoria: o prazo comezará o 20 de maio ás 9:00h.

Duración:

Entre 10 e 15 días nos meses de xullo e agosto de 2025.

Prezo:

Entre 72 e 120 euros, según Comunidade. O pagamento da cota de participación farase mediante ingreso na conta bancaria que se indicará no correo electrónico de confirmación da praza. Non obstante, hai campos de voluntariado con impreso de pagamento propio, que será remitido tamén ao correo electrónico trala inscrición.

Os campos inclúen os seguinte seervizos:

  • Equipo de acollida e dinamización.
  • Materiais necesarios para desenvolveren as tarefas específicas de cada campo.
  • Programa con actividades de convivencia, de animación, de lecer e tempo libre.
  • Aloxamento e manutención durante todos os días que dure a actividade.
  • Seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Requisitos:

  • Persoas mozas galegas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. É necesario ter os 18 anos ao inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.
  • Unha persoa non poderá ser adxudicataria de máis dun campo de voluntariado na 1ª convocatoria. Para participar nun segundo campo de voluntariado, haberá que esperar á segunda convocatoria.
  • A solicitude presentarase en liña, no enlace habilitado na páxina de Xuventude.

Páxina web:

https://xuventude.xunta.gal/accion-de-veran

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Teléfonos:  981 957 115 / 881 999 314

Correo electrónico: camposdevoluntariado.xuventude@xunta.gal

Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña

Rúa Gregorio Hernández 2-4. Espazo Amizar

Teléfono: 881 881 238 / 881 881 239 / 881 881 240 / 881 881 241

Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos de diversa temática: arqueolóxicos, culturais, medioambientais, sociais... No verán 2025 haberá dúas convocatorias con diferente prazo de solicitude:

  • 1ª Convocatoria. O prazo abre o día 7 de maio, ás 9:00 h. e pecha o día 13 de maio ás 14:00 h.
  • 2ª Convocatoria ou repesca. Unha vez pechada a 1ª convocatoria o programa prevé, para os campos noutras CCAA, unha nova oferta xeneralizada de prazas en 2ª convocatoria ou repesca. Os campos con prazas libres poderán ser os mesmos que os ofertados inicialmente ou novos. O prazo para solicitar en 2ª convocatoria comezará o 20 de maio ás 9:00h. Este prazo permanecerá aberto permanentemente ata esgotar as prazas ou ata 5 días antes do inicio do campo.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible