Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

Voluntariado Ambiental Interxeracional en espazos naturais de Galicia

A Xunta de Galicia abre o prazo para inscribirse no Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional en espazos naturais. Esta iniciativa ofrece un programa de actividades que impulsan o respecto e o coidado do patrimonio natural de Galicia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 15/05/2025

ata completar as quendas.

Duración:

Fins de semana desde o 23 de maio ata o 12 de outubro de 2025.

Prezo:

De balde. Inclúe os gastos de desprazamento (transporte desde Santiago de Compostela no caso dos Parques Naturais, Monumentos Naturais, Paisaxes Protexidas, Humedais Protexidos e barco no caso dos Parques Nacionais), manutención, aloxamento, seguros e actividades formativas.

Requisitos:

  • Ter cumpridos os 18 anos.
  • Residir en Galicia.
  • Cumprimentar o formulario que se atopa na páxina web do Voluntariado Galego. Cada persoa poderá anotarse en dúas accións como máximo. Se o número de persoas inscritas excede do máximo permitido, a selección realizarase por rigorosa orde de inscrición.

Páxina web:

www.voluntariadogalego.org

Contacto:

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. 

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Correo electrónico voluntariado@xunta.gal

Están programadas accións en 22 espazos naturais. As actividades das persoas voluntarias participantes centraranse na preservación, limpeza e conservación destes espazos, eliminación de lixo de praias, ríos e montes, sensibilización, coñecemento dos ecosistemas, visibilización mediática de rutas e análise de todas aquelas actuacións con posible incidencia no medio natural continental desde un punto de vista técnico, detectando os distintos efectos e/ou impactos ambientais. 

Espazos naturais

  • Parque Nacional das Illas Atlánticas (Illa de Ons, Cíes e Cortegada)
  • Parques Naturais (Baixa Limia- Serra do Xurés, Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, O Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia e Fragas do Eume)
  • Monumentos Naturais (A Carballa da Rocha, Pena Corneira, Souto de Rozabales, Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, A Fraga de Catasós)
  • Paisaxes Protexidas (Penedos de Pasarela e Traba, Val do río Navea)
  • Humedais Protexidos (Ría de Ribadeo e Praia das Catedrais, Complexo intermareal Umia -O Grove (A Lanzada, punta Carreirón e Lagoa Bodeira), Ría de Ortigueira e Ladrido, Lagoa e Areal de Valdoviño e Lagoa de Cospeito.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible