
A cidade será o mellor lugar de Europa para observar a eclipse total solar o próximo de 12 de agosto.
Ademais de co alcume de 'Cidade de Cristal', este ano A Coruña será coñecida como Cidade Eclipse ao ser un dos mellores lugares de Europa para desfrutar, o próximo 12 de agosto, dunha eclipse solar total.
A última eclipse deste tipo que puido verse desde a cidade foi en 1912 e, este ano, A Coruña atópase de novo na franxa de totalidade deste evento astronómico. O seguinte prevese no 2180, motivo polo que xa son milleiros as persoas que reservaron esta data para achegarse á cidade herculina e vivir un feito histórico.
En paralelo desenvolveranse na Coruña dous importantes congresos astronómicos durante esa semana: o Third Soar MHD Conference e o New Frontiers in Cosmology.
Os mellores puntos para ver a eclipse
Desde o Concello organizaranse exposicións, charlas divulgativas, accións culturais e crearanse puntos de observación con motivo desta xornada.
Unha desas actuacións foi o desenvolvemento de dous visores interactivos de uso público que permiten comprobar as zonas de sombra e mesmo o punto exacto no que se situará o sol o 12 de agosto no momento da eclipse.
Consulta aquí o mapa de sombras.
Consulta aquí o visor de puntos de observación.


Non perdas a programación musical da cidade.
A Coruña é, desde fai un par de anos, o faro cultural de Galicia. Así o acreditan as numerosas programacións deseñadas para que o público goce de exposicións, museos, obras de teatro e, por suposto, moita música.
E é que a cidade é o lugar elixido por grandes artistas nacionais e internacionais para ofrecer os seus concertos, tanto ao aire libre como no Coliseum ou nas pequenas salas de concertos.
Se queres visitar a cidade e aproveitar algunha actuación musical, descúbrea na nosa programación.


Este xuño, estende a túa toalla na Coruña.
Chega o mes dos cambios. Xuño é o mes perfecto para poñer a punto todo aquilo que vaiamos usar e a desfrutar durante o verán, por iso na Coruña invitámoste a que estendas a túa toalla e imaxines como pasarás as seguintes semanas.
Queres vivir unha noite máxica? Achégate a gozar do noso San Xoán, festa declarada de Interese Turístico Internacional. Apetéceche probar novos sabores? A gastronomía da Coruña é ampla e de primeira. Es fan da moda e encántanche as últimas tendencias? Descúbreas na Coruña.
Despídete da primavera na Coruña e consulta a nosa guía de lecer para non perder nada.