Emilia Pardo Bazán (1851-1921) foi novelista, narradora, ensaísta, poetisa, dramaturga, xornalista e ademais pioneira en reivindicar o valor cultural da gastronomía española.
+ (34) 981 207 308
De setembro a xuño: de luns a xoves das 9:00 ás 14:45 h e das 16:30 ás 19:45 h, e os venres das 9:00 ás 14:45 h
Xullo e agosto: de luns a venres das 09:00 ás 14:15 h
Entrada gratuíta
Dona Emilia foi unha das máis destacadas voces da Coruña de finais do século XIX e principios do XX, á que denominou Marineda nas súas obras, nome que aínda hoxe en día é lembrado con moito agarimo e utilizado habitualmente polos coruñeses.
A súa Casa Museo está situada na súa antiga casa familiar, un edificio construído no século XVII, e actualmente sede da Real Academia Galega, que recrea o universo íntimo da escritora repleto de recordos e obxectos persoais, mobiliario, obras de arte e libros. Un espazo aberto ao diálogo e ás iniciativas culturais.
Este museo remóntase a 1979 cando se abriu tras ser doado polas fillas da escritora coruñesa, aínda que en 2003 someteuse a un importante traballo de renovación. A exposición permanente mostra ademais diversos manuscritos e outros documentos do arquivo de Pardo Bazán xunto a primeiras edicións das súas obras en distintos idiomas e libros dedicados que pertencen á súa biblioteca persoal, da que a Real Academia Galega custodia preto de 8.000 volumes.
PECHADA TEMPORALMENTE